A exposición itinerante Galiciadixital chega a Soutomaior

martes, 26 de xaneiro do 2010 Redacción

Cativos que visitaron a exposición itineranteA Secretaría Xeral de Medios inaugurou hoxe en Soutomaior a exposición itinerante Galiciadixital coa que pretende achegar a todos os visitantes do concello e comarca o audiovisual e o multimedia realizado en Galicia. A delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Lucía Molares, en representación da Secretaría Xeral de Medios, fixo fincapé no carácter didáctico da mostra e destacou o interese da Secretaría en achegar tamén as novas tecnoloxías e o mundo audiovisual de Galiciadixital aos peregrinos con motivo do Ano Santo.Pola súa banda, durante o acto, o alcalde do municipio, Agustín Reguera, acompañado doutras autoridades e colectivos locais, aproveitou a ocasión para agradecer a oportunidade que a Secretaría Xeral de Medios ofrece ao concello e animou aos veciños de Soutomaior e comarca a visitar a mostra que estará aberta ao público en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas ata o vindeiro domingo.
A mostra, unha converxencia entre arte e tecnoloxía, está pensada para que os visitantes non sexan simples espectadores, senón que participen en todo o seu percorrido, tocando e experimentando todo, o que fai que sexa de grande interese didáctico para as persoas de todas as idades, e así o demostra o gran éxito que está a acadar nas localidades que a acollen.
A exposición itinerante chega a Soutomaior dende o municipio de Lugo, onde, no hospital Xeral Calde de Lugo, recibiu a visita de case seiscentas persoas.

PUBLICIDADE