A estrea de Luke Cage provoca problemas en Netflix

luns, 3 de outubro do 2016 Marcus Fernández

Os servizos de vídeo en streaming están a converterse cada vez en canles de consumo máis habituais, pero pese ás súas infraestruturas ben escaladas, non sempre están preparadas para grandes vagas de usuarios simultáneos, o que o pasado sábado experimentou Netflix, plataforma de grande éxito global que experimentou problemas de funcionamento durante preto de dúas horas, no que parece consecuencia directa da estrea da serie Luke Cage, exclusiva de Netflix e que provocaría a que a afluencia de centos de milleiros de usuarios de todo o mundo iniciando maratóns da nova serie provocase incidencias semellantes ás que no pasado aconteceu coas estreas de House of Cards e Daredevil.
A serie de Luke Cage está baseada no personaxe da Marvel, de xeito que estaría ambientada no mesmo universo de ficción doutras series orixinais de Netflix como Daredevil e Jessica Jones, de aí que arrastre o éxito doutras series na súa estrea, provocando picos de tráfico que conseguiron solucionarse nun tempo bastante prudente (especialmente se o comparamos a incidentes en servizos de streaming españois, que tenden ao desastre nas retransmisións deportivas máis demandadas).
Unha vez máis temos un exemplo de que os sistemas en liña non son infalibles, aínda que a incidencia tamén serve para dar conta do éxito que teñen as estreas audiovisuais globais, que demostran ser todo un acerto comercial.

PUBLICIDADE