A cooperativa xuvenil Moira, gañadora do Concurso de Proxectos Cooperativistas no sector do Marketing Dixital

venres, 14 de xullo do 2023 S. P.

O Pazo de Goiáns, en Boiro, acolleu a entrega de premios do Concurso de Proxectos Cooperativistas no sector do Márketing Dixital impulsado pola Deputación da Coruña, a Fundación Paideia.
Ao acto asistiron Manuel Vázquez Sesmonde, xefe do Servizo de Desenvolvemento Territorial e Transición Ecolóxica da Deputación da Coruña; José Ramón Romero, alcalde de Boiro, Eva Curto Izquierdo, representante da Fundación EOI; Xacobe Galbán Hermo, socio da cooperativa Kracia; Isabel Pernas, socia da cooperativa Creativas Galegas; e Guillermo Vergara, vicepresidente da Fundación Paideia Galiza, acudiron ao Pazo de Goiáns de Boiro para facer entrega de premios do Concurso de Proxectos Cooperativistas.
Durante esta xornada e, con carácter previo á entrega do premio, celebración a presentación dos proxectos creados a raíz da acción formativa Marketing Dixital, Empregabilidade e Cooperativismo.
Grazas a este programa formativo, mozos e mozas menores de 30 anos en situación de desemprego recibiron máis de 200 horas de formación impartidas por recoñecidos profesionais da mercadotecnia dixital e do traballo cooperativo, referentes tanto a nivel galego como nacional.
As formacións grupais e as titorías desenvolvéronse durante os últimos meses nos concellos de Boiro, Noia e A Coruña e contaron co financiamento do Fondo Social Europeo. Ademais as persoas participantes contaron co asesoramento da consultora Ernst & Young para o desenvolvemento dos seus proxectos cooperativistas.
Nesta edición resultou gañadora a cooperativa xuvenil padronesa Moira, creada por 5 mozos e mozas con formación e habilidades complementarias. A misión desta cooperativa é “impulsar o crecemento e a visibilidade das marcas conscientes nos sectores do turismo, os produtores locais e os grupos de desenvolvemento local, a través de estratexias de mercadotecnia dixital”. Amais, procuran “deixar unha pegada positiva e tanxíbel na sociedade, convertendo o dixital en resultados concretos e significativos”.
O premio consiste en 60.000 euros para financiar a súa posta en marcha e o seu primeiro ano de actividade.

PUBLICIDADE