A cooperativa galega Tagen Ata lanza nova web de formación avanzada

xoves, 2 de outubro do 2014 Redacción

Tagen Ata, cooperativa galega de formación con sede na Cooperativa do Val, vén de lanzar unha nova web dedicada á aprendizaxe e a achega continua de coñecemento en Internet. Trátase de Formación en rede, unha plataforma dende a que xa se imparten cursos para cooperativas, alumnado individual ou universidades galegas. A web achega un amplo abano de recursos, tanto no temático (o miolo dos cursos) como no propio formato elixido para cada unha das actividades: van dende cursos en liña con titorado até cursos en liña de baldes, pasando por plataformas de teleformación ou páxinas educativas. Asemade, dispón dun apartado aberto á colaboración para dar forma, impartir e elaborar novos contidos.
Tagen Ata, cooperativa centrada na creación de contidos dixitais educativos e na responsabilidade social, imparte neste intre os seguintes cursos en liña con titorado: Iniciación á Cooperativa de Traballo (até o seis de outubro), Responsabilidade Social Empresarial (tamén até o 6 de outubro), Prevención de Riscos laborais (até o 13 de outubro), Sociedades Laborais: unha fórmula de autoemprego da economía social (remata o 20 de outubro), Linguaxe administrativa e xurídica (comeza o vindeiro luns 6 de outubro na Universidade de Vigo). Por outra banda, cómpre salientar a formación puramente tecnolóxico-dixital que fornece Tagen Ata dende a nova plataforma, cursos como Redactar para a Web, Docentes e-learning: titorías, Introdución ao desenvolvemento de aplicacións móbiles para Android e Cultura financeira e finanzas éticas para o emprendemento.

PUBLICIDADE