A competencia desleal no sector TIC, a debate a vindeiro 11 de decembro da man de INEO

mércores, 5 de decembro do 2012 Redacción

O 11 de decembro, Vigo acolle un novo Foro INEO, baixo o título A competencia e concorrencia desleal no sector TIC. Diríxese en boa media a desvelar un problema que vai a máis e, tamén, a xerar debate arredor del: o problema da proliferación de prácticas que repercuten negativamente na competitividade do sector e que veñen motivadas, en boa medida, pola crise e o desemprego. Este tipo de prácticas materialízanse, segundo avanza INEO, nun maior intrusismo, estratexias agresivas que baixan os prezos por baixo dos custes de produción, publicidade enganosa, copia ilegal de produtos, aumento da oferta e demanda de produtos elaborados ou mercados de xeito fraudulento, etc.
As condicións de dificultade actuais”, engaden fontes da asociación galega, “levan a que, en ocasións, sexan persoas que están ou estiveron ligadas á propia empresa as que incorren neste tipo de prácticas, beneficiándose de modo ilícito de información sobre produtos, procesos, clientes e estratexias”. O foro oro pretende clarificar o escenario actual, pondo especial énfase neste último fenómeno, coñecido como “concorrencia desleal”. Trátase de facilitar a identificación das normas e instrumentos que as empresas teñen á súa disposición para a protección da súa actividade e produtos.
A asistencia é aberta, gratuíta para os socios de INEO e clientes de Garrigues e con custo para os non socios de 40 euros+IVE. A inscrición debe formalizarse chamando ao teléfono 986 112 570 ou enviando un correo electrónico a administracion@ineo.org indicando nome da persoa que agarraches, así como os seus datos de contacto e a empresa á que pertence.
A apertura do foro correrá a cargo de Lucía Gregorio, directora xeral de INEO. Francisco Veiga Calvo, socio de Garrigues, Sandra Igrexas Babia, asociada de Garrigues, e Borja Ríos González, asociado de Garrigues, serán os encargados de expor o relatorio sobre O intrusismo nas empresas TIC.

PUBLICIDADE