A compañÃa de Mark Zuckerberg pasa a chamarse Meta
xoves, 28 de outubro do 2021
Durante a celebración do evento Connect 2021 o director
xeral de Facebook, Mark Zuckerberg,
presentou oficialmente o nome que adoptará a súa compañÃa, Meta, para
diferenciala das súas diferentes marcas (Facebook, Messenger, Instagram, WhatsApp
e Oculus). A elección deste nome para a empresa quere reflectir a confianza que
teñen no metaverso, nome que dan á súa proposta de hibridación entre o mundo
real e o mundo virtual tecido polas súas plataformas, para asà permitir
realizar cousas que serÃan imposibles no mundo fÃsico grazas á interacción entre
persoas situadas en distintas localizacións.
Polo momento o metaverso aÃnda está nunha fase moi emerxente, presentándose no
evento de hoxe diferentes ferramentas para facilitar a creación de experiencias
de realidade mixta incluÃndo a Presence Platorm que está en probas para Oculus
Quest 2 (dispositivo que pasará a coñecerse como Meta Quest 2, xa que a marca Oculus diluirase en Meta a primeiros de 2022). Aparte de cascos de realidade virtual, a intención de Meta é espallar o metaverso en
realidade aumentada e smart glasses, ou sexa, que buscan facer que esta tecnoloxÃa poida achegarse no
futuro ao noso dÃa a dÃa, permitindo que obxectos fÃsicos como pantallas, escritorios,
xogos de mesa e moitos outros elementos poidan substituÃrse por hologramas.
- O metaverso promete mesturar elementos do mundo real e o virtual, abrindo a porta a novos xeitos de interactuar socialmente