A cobertura do móbil chégalle, por fin, aos veciños de Covelo

mércores, 21 de xaneiro do 2009 Raquel Noya

Veciños de Covelo demostrando que xa teñen cobertura de telefonía móbil

Logo de dous longos anos buscando cobertura en zonas imposibles e falando ás voltas ata dar cun sitio onde máis ou menos o móbil collera “unhas raíñas” para poder falar sen interferencias, os veciños da parroquia de Prado, en Covelo, veñen de conseguir que melloraran a potencia eléctrica dunha antena que os traía tolos dende a súa instalación.
A conexión coa antena de televisión e o aumento da potencia eléctrica fixeron que, á fin, os 1.300 veciños da zona pudieran falar dende os seus teléfonos móbiles como calquera outro cidadán galego.
Veciños de Covelo <a href="http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2009/01/20/0003_7472086.htm">demostrando que xa teñen cobertura</a> de telefonía móbilOs veciños afirmaban onte para o xornal La Voz de Galicia que “aínda hai algúns que, dependendo da compañía, teñen algún problema, pero xa non é coma antes, que case estabas incomunicado”.
Esta medida, que non lle vai afectar á sinal televisiva (como se sospeitaba nun primeiro momento), vai facilitar as comunicacións entre os veciños das parroquias de Prado, Godón, Foce e Bugarín, que se queixaban sobre todo por non poder facer uso do teléfono en determinadas situacións de emerxencia.
O xornal galego completa esta información con outra nova na que indica que a única alternativa dos veciños de Covelo e de moitos ingleses que se asentaron na zona antes da colocación das novas instalacións, “era a antena de Maceira”, un dispositivo situado a trece quilómetros que, debido á distancia e á orografía do concello, provocaba problemas contínuos coa cobertura.
Esta situación fixo que as empresas de telefonía mailo Concello “se preocupasen” por buscar solucións que facilitasen as comunicacións, chegando a un acordo final coa comunidade de montes de Prado que lle alugou o terreo para instalar a nova antena.

PUBLICIDADE