A canción da Lotería de Nadal chegou da Internet

xoves, 18 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Lionel Neykov nunha das súas actuacións

Este ano a Lotería de Nadal na súa publicidade televisiva en vez de contar co tradicional calvo optou por unha montaxe fantástica na que se poden ver moitos elementos estáticos que cobran vida nestas datas baixo o lema anímate mentres se escoita Freeze my senses, unha canción de Lionel Neykov, un mozo de 29 anos que publicou este tema musical na web, e que dende o mes de outubro xa superou as 600.000 reproducións en YouTube, polo que chamou a atención da axencia española Ricardo Pérez Asociados, que contactou co músico para o uso do tema no spot televisivo, o que lle permitiu sanear a súa economía (e evitar ser expulsado do seu piso por impago do seu aluguer), xa que cobrou 20.000 dólares por permitir o uso da súa canción na campaña de Nadal de Loterías y Apuestas del Estado.


Vídeo coa canción Freeze My Senses que xa superou as 600.000 reproducións en YouTube


Anuncio da Lotería de Nadal no que se utiliza o tema de Neykov

PUBLICIDADE