A caída do servizo de Internet móbil de Movistar podería estar provocado por un fallo en WhatsApp

martes, 6 de novembro do 2012 Marcus Fernández

FACUA-Consumidores en Acción denunciou que onte Movistar deixou sen Internet móbil durante 5 horas a millóns de clientes, esixindo que a compañía compense aos seus usuarios dun xeito xusto e non aplicando o mínimo esixido por lei (“a devolución do prezo do servizo, prorrateado polo tempo que durase a interrupción”), que no caso de non superar a 1 euro só tería que aboar aos clientes que o reclamen.
Aínda que Movistar no publicou ningún comunicado oficial, dende ADSLzone aseguran que a incidencia técnica do operador español estivo provocada por un fallo no servizo de mensaxería WhatsApp, que fixo que os seus usuarios intentase conectar co servizo que non estaba operativo de xeito insistente, o que levaría á caída da rede de Movistar, o que de ser así sería algo lamentable, pois indicaría que a rede móbil do operador carece das medidas de seguridade precisas para evitar saturacións por certo tipo de incidencias que son máis frecuentes do desexable.

PUBLICIDADE