A cadea de librarías Borders acóllese á bancarrota

mércores, 16 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

Pese a terse adaptado en certa medida aos produtos sen soporte físico, a cadea de librarías Borders vén de acollerse ao Capítulo 11 de protección por bancarrota, á vez que anunciou que vai pechar o 30% das súas tendas nos EE.UU., situación á que se viron forzados pola falta de liquidez e non ser capaz de captar recursos financeiros para poder competir no mercado actual, moito máis dinámico que antes pola chegada das compras pola Rede (tanto de libros en papel coma de e-books).
Actualmente Borders conta con 644 tendas distribuídas en 48 estados, polo que a reestruturación da compañía comezará polo peche dos establecementos menos produtivos, aínda que dende a compañía aseguran que continuarán a operar «con normalidade».
A cadea de librarías foi fundada en 1971 polos irmáns Tom e Louis Borders, que venderon a empresa a Kmart en 1992, chegando a converterse no principal rival de Barnes & Noble, pero que en 2001 cometeu o erro estratéxico de transferir o seu negocio en liña a Amazon, o que dificultou que puidese establecer conexións virtuais cos seus clientes, o que intentaron corrixir en 2008 co lanzamento de Borders.com, aínda que nese momento Amazon xa dominaba a venda de libros en liña, polo que a oportunidade perdida hai 10 anos pasoulles factura ata o punto de poder supor a súa ruína.
Listaxe de tendas de Borders en botar o peche:

PUBLICIDADE