A busca por voz no iPhone xa é unha realidade grazas a Google

martes, 18 de novembro do 2008 Marcus Fernández

O pasado venres comentabamos que a aplicación que desenvolveu Google para incorporar recoñecemento de voz para as buscas dende o iPhone sairía durante a noite do venres, pero o certo é que durante a fin de semana non se puido ver tal aplicación na App Store de Apple, para vergoña de Google (que recibiu fortes críticas por non ter confirmado a data de lanzamento da aplicación antes de anuncialo).
O caso é que finalmente a función chegou á tenda de aplicacións de Apple (integrada na Google Mobile App) e a súa acollida está a ser moi boa, pois os usuarios reais están a confirmar a eficacia deste sistema que permite achegar información sobre a carteleira cinematográfica da cidade na que nos atopamos (detectada por GPS), dar enderezos ou outras informacións (especialmente de ámbito local) facendo uso da nosa propia voz (se falamos en inglés), aínda que esta función non se pode empregar (polo momento) para facer marcación por voz para os nosos contactos (que segundo os rumores podería engadir Apple en futuras revisións do iPhone e que actualmente se pode facer a través da aplicación de balde Say Who).


Vídeo ilustrando exemplos de uso da nova Google Mobile App

PUBLICIDADE