A beta do Opera Mobile 9.7 acelerará as descargas grazas ao uso de compresión

martes, 31 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Para deixar clara a súa forza no sector dos navegadores web móbiles, dende Opera adiantan o que será o Opera Mobile 9.7 beta, que contará co motor de renderizado Presto 2.2 (de grande velocidade e capaz de superar completamente as probas de estándares Acid 3, algo sen precedentes nun navegador móbil), integrará Opera Turbo (servizo que promete axilizar a navegación móbil á vez que reduce os custos de conexión grazas ao uso de compresión de datos), novo xestor de widgets, soporte para Google Gears e aceleración por hardware a través de Open GL ES.
A nova versión do programa tamén corrixe moitos dos fallos detectados en anteriores entregas de proba do Opera Mobile, aínda que en xeral o que sorprende e a súa velocidade, que supera amplamente aos seus principais competidores, coma podemos ver no seguinte vídeo:


Comparación de velocidade entre distintos navegadores móbiles

PUBLICIDADE