A aula CeMIT do Concello de Boiro ofrece novos cursos presenciais para o mes de outubro

mércores, 16 de setembro do 2020 S. P.

A aula CeMIT do Concello de Boiro oferta novos cursos en informática para o mes de outubro, que se van realizar de xeito presencial no Centro Social de Boiro. A programación de outubro inclúe catro actividades formativas de distintas modalidades: retoque de fotos, edición de vídeo e usos e vantaxes da suite de ofimática libre Libreoffice Writer e Calc.
O primeiro dos obradoiros que se vai impartir e o de Retoque de fotos con GIMP, que se vai impartir os días 5 6, 7 e 8 de outubro e no que nos usuarios van aprender o funcionamento desta ferramenta de retoque de imaxes, debuxos ou fotografías. Os días 13, 14, 15 vaise realizar o curso de edición de vídeo.
As últimas actividades formativas van ser de manexo de Libreoffice. A primeira delas, os días 19, 20, 21 e 22 de outubro será de LibreOffice Writer para a creación de documentos en diversos formatos. Os días 26, 27, 28 e 29 vaise realizar o curso de LibreOffice Calc, no que os asistentes poderán aprender a traballar con follas de calculo.
Todos os cursos se van realizar de forma presencial cumprindo coas medidas de seguridade e aforo, en horario de 10.00 a 12.30 horas. As prazas son limitadas e as inscricións poden facerse en axentetic@boiro.org ou no telefono 981 84 26 35.

PUBLICIDADE