A aula CeMIT de Ribeira organiza dúas charlas en liña sobre control parental e edición de imaxes

xoves, 17 de setembro do 2020 S. P.

A aula CeMIT de Ribeira vai desenvolver durante o mes de setembro dúas charlas online gratuítas dedicadas, respectivamente, a ferramentas de control online de contidos e servizos para familias e á iniciación á edición dixital de imaxes.
A primeira delas (baixo o título Ferramentas de control parental e seguridade en contornas dixitais) desenvolverase o 24 de setembro en horario de 18 a 19.45 horas, con oito prazas habilitadas.
A segunda (Iniciación á edición dixital en imaxes) desenvolverase o 29 de setembro de 10 a 11.45 horas, tamén con oito prazas.
Ambas accións realízanse en colaboración coa Redes de Puntos de Inclusión Dixital de Castela A Mancha.
As inscricións pódense formalizar na aula CeMIT (sita en Cubeliños número 1 / teléfono 981 876 043) ou ben de maneira telemática no propio espazo web da aula ribeirense.

PUBLICIDADE