A aula CeMIT de Ponteareas abre o prazo de inscrición para os seus novos cursos tecnolóxicos

mércores, 3 de febreiro do 2021 S. P.

A Concellaría de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Ponteareas informou do inminente comezo dunha nova serie de novos cursos na aula CeMIT, emprazada no Centro Social na rúa Oriente, dende onde vai se seguir ofrecendo, as vindeiras semanas, formación informática totalmente de balde e para todas as idades e niveis de coñecemento.
Debido ás circunstancias actuais, a aula CeMIT abre o prazo de inscrición para os seguintes cursos que comezarán a impartirse neste mes de xeito non presencial:
• Iniciación sitio web con Wordpress. Cun total de 9 horas/mes.
Martes e mércores con unha hora e media diaria de 17:30 a 19:00 hrs.
• Introdución ao deseño gráfico con software libre (Inkscape, GIMP, etc.): Cun total de 12 horas/mes.
Xoves e Venres 17:00 a 19:00 hrs. do 11 ao 26 de febreiro.
• Manexando o Google Drive. Cun total de 3 horas/mes.
Do Martes 9 ao xoves 11 de febreiro de 19:30 a 20:30 12:00hrs.
• Fotos antigas restauración co móbil e Intelixencia Artificial: Cun total de 2 horas/mes.
Venres 12 de febreiro de 10:00 a 12:00hrs.
• Iniciación procesador de textos LibreOffice. Cun total de 12 horas/mes.
Luns, Martes e Venres do 15 ao 26 de febreiro de 10:00 -12:00 hrs.
• GIMP. Iniciación retoque fotográfico. Cun total de 8 horas/mes.
Martes e Mércores do 16 ao 24 de febreiro entre as 19:30 e as 20:30hrs.
• Aplicacións de retoque e mellora fotográfica co móbil (Snapseed, Toolwiz Photos, etc.): Cun total de 4 horas/mes.
Quenda de Mañá: Martes 23 a viernes 26, una hora diaria de 12:30 a 13:30hrs
Quenda de Tarde: Xoves e Venres 19:30 a 20:30 hrs. do 18 ao 26 de febreiro.
O alumnado contará con titorías online e offline por correo electrónico e en liña segundo cita previa no horario de atención do aula todos os días de 9 a 11 horas e os mércores de 21:30 a 22:30hrs.
Para realizar a inscrición as persoas interesadas deberán contactar a través de chamada ou de mensaxe de Whatsapp no número de teléfono 634 238 962.
Ademais poderán comunicarse coa aula CeMIT de Ponteareas a través do enderezo electrónico cemit.ponteareas@xunta.gal.
O concelleiro de Desenvolvemento Tecnolóxico, Benito Márquez, anima á veciñanza a contactar coa aula CeMIT e trasladarlle as súas necesidades formativas para “deseñar de xeito participativo os vindeiros cursos e adaptalos o máximo posíbel e optimizar así moito máis este servizo público ofrecido totalmente de balde”.

PUBLICIDADE