A aula CeMIT de Boiro rematará maio con cursos sobre cibervixilancia e a aplicación Sketchup

venres, 8 de maio do 2020 S. P.

O Concello de Boiro, xunto coa asociación ComparTIC continua coa oferta formativa de cursos que se imparten por vídeo-conferencia na aula CeMIT local durante o confinamento. As dúas últimas accións formatiavs que se van impartir tratarán sobre as seguintes temáticas: Sketchup web e máis Espionaxe e Cibervixilancia. Celebraranse na ultima quincena do mes de maio.
O curso de Sketchup web vaise impartir os días 19, 21, 26 e 28 de maio, de 11.00 a 11.45 horas, e nel os participantes farán unha introdución ao deseño asistido e coñecerán o funcionamento da interface da aplicación, as ferramentas básicas para traballar con ela e unha serie de exercicios prácticos para o seu funcionamento.
Pola súa banda, o curso Espionaxe e Cibervixilancia vaise impartir os días 22, 25, 27 e 29 de maio, en horario de 11.00 a 11.45 horas, e as persoas participantes terán a oportunidade de aprender métodos de procura de información, análise de metadatos, cifrado e descifrado de mensaxes e ocultación e obtención de información.
Todos os interesados poden informarse e inscribirse aos cursos na aula CeMIT de Boiro, mediante o correo electrónico axentetic@boiro.org ou o numero de telefono 981 842 635.

PUBLICIDADE