A aula CeMIT de Boiro mostra á cidadanía como como tirar proveito das principais ferramentas tecnolóxicas

xoves, 14 de outubro do 2021 S. P.

A aula CeMIT do Concello de Boiro abriu o prazo de inscrición para os cursos do mes de novembro, que inclúen formación presencial no Centro Social de Boiro e tamén oferta formativa en liña, segundo informou o Concello, que tamén engade que toda a información sobre os cursos e sobre as inscricións podémolas atopar na propia aula CeMIT ou, tamén, mediante enderezo electrónico ou o teléfono.
A oferta formativa para o mes de novembro inclúe cursos presenciais como son Retoque de fotos con GIMP, que se vai impartir os días 2, 3 e 4 de novembro de 10.00 a 12.00 horas; Administración e destrezas, do 8 ao 11 en horario de 10.00 a 12.00 horas; Formación sobre a nube de Google, os días 15, 16 e 17 de 10.00 a 12.00 horas; e Deseño gráfico con Inkscape, entre o 22 e o 25 de outubro de 10.00 a 12.00 horas.
A formación online contempla os cursos de Introdución a Wordpress, que se vai impartir ente as 10.00 e as 12.00 horas do día 8 ao 11 de novembro; e Creación de tendas web, no mesmo horario, do día 15 ao 18 de novembro.
A capacidade dos cursos é limitada e as inscricións poden facerse como dixemos na aula CeMIT do Concello de Boiro, situada no Centro Social de Boiro; a través do enderezo electrónico axentetic@boiro.org; o teléfono 981 84 26 35 ou o Whatsapp 629 769 139.

PUBLICIDADE