A asociación galega ASPRONAGA achega a súa experiencia nunha nova aplicación de estimulación visual

xoves, 21 de marzo do 2013 Fernando Sarasketa

Sesión formativa sobre a aplicación Sígueme celebrada o pasado 12 de marzo

A asociación galega ASPRONAGA, que acubilla colectivos de persoas con diferentes tipos de diversidades, está a participar no desenvolvemento dunha nova ferramenta de estimulación visual. Falamos do proxecto Sígueme, que impulsa a Universidade de Granada (en colaboración con la Fundación Orange) e que se dirixe a mellorar a comprensión das persoas con trastorno do espectro autista ou diversidades intelectuais. Segundo informan fontes de ASPRONAGA, a asociación é a única entidade galega que participa no estudo, aínda en fase de proba.
A ferramenta resultante, dirixida como dixemos a potenciar a comprensión e atención visual e auditiva, executaríase en computador persoal, iPad e tablets con sistema operativo Android. Conta con seis fases de contidos básicos (atención, vídeos, fotografías, debuxos-siluetas, pictogramas e xogos) e máis ferramentas de autor para personalizar contidos, tempos, cores, etc.
Durante deste mes de marzo, un grupo de profesionais de ASPRONAGA está a achegar a súa experiencia para que a investigación comece a dar os seus primeiros froitos concretos. Tras unha sesión formativa impartida por técnicos da Universidade de Granada (celebrada o pasado día 12 en Ciberalia), os profesionais probarán durante varios meses a utilidade do programa con varias persoas con diversidade intelectual que se adapten ao perfil. En concreto, trátase de vinte traballadores da CEE Ntro. Sra. de Lourdes, o Centro Ocupacional Lamastelle e o Centro Ricardo Baró. O obxectivo do estudo é obter unha versión mellorada do software para, unha vez acadada a definitiva, divulgalo de maneira gratuíta a través da web da Fundación Orange.

PUBLICIDADE