A asociación ADAPTA organiza un obradoiro de habilidades dixitais en Ponteareas

luns, 31 de xullo do 2023 S. P.

A Asociación de Persoas con Discapacidade do Condado e Paradanta (ADAPTA) abre o prazo de inscrición para o Obradoiro de Habilidades Dixitais para Uso Cotián que vai dar comezo no mes de setembro, os martes e xoves en horario de 17 a 19 horas nas instalacións da asociación que ten no barrio de Canedo de Ponteareas.
Financiado polo programa a Depo en Marcha que financia a Deputación de Pontevedra, o obradoiro está dirixido a persoas maiores de 50 anos prioritariamente, o obxectivo desta formación é ofrecer coñecementos no manexo de Internet para o uso de aplicacións que nos permiten realizar xestións dende o terminal móbil como a banca electrónica, citas médicas, entre outras.
Cunha duración de 30 horas, este obradoiro terá un custo de 7 euros. Ao ser as prazas limitadas, é necesario reservar contactando no teléfono 986 916 012 ou enviando un Whatsapp ao número 662 947 289.

PUBLICIDADE