A aplicación oficial de Twitter para BlackBerry estrea versión final

mércores, 7 de xullo do 2010 Marcus Fernández

Tras 2 meses nunha fase de probas, a aplicación oficial de Twitter para terminais BlackBerry faise oficial, facilitando a comunicación a través da popular plataforma de microblogging e cun amplo soporte de idiomas: inglés, francés, italiano, español, alemán, portugués, brasileiro, xaponés ruso, coreano, holandés, indonesio e turco.
Dende RIM aseguran que a colaboración dos testers da aplicación axudou moito na incorporación de novas prestacións como a posibilidade de editar retuiteos, previsualizar imaxes, autocompletar nomes de usuario, utilizar a xeolocalización e informar de spam.

PUBLICIDADE