A aplicación de VEVO para Windows Phone chega a España

xoves, 21 de marzo do 2013 Marcus Fernández

VEVO, a plataforma musical en liña de Sony, Universal, EMI e Abu Dahbi Media, presente na web, televisores conectados, consolas de videoxogos e en dispositivos móbiles con iOS e Android, tamén contaba con aplicación para Windows Phone, pero non estaba presente en España ata a última actualización, que amplía a súa dispoñibilidade xeográfica (limitada por mor das licenzas do material audiovisual) chegando así a EE.UU., Australia, Brasil, Canadá, Francia, Irlanda, Italia, Nova Zelandia, Reino Unido e España.
A aplicación para Windows Phone ofrece a posibilidade de descubrir, ver e compartir vídeos musicais grazas ao seu completo de máis de 50.000 vídeos de máis de 11.000 artistas. Conta con vídeos e artistas destacados, listaxes de reprodución (temáticas ou personalizadas) e incluso coa posibilidade de poder colocar a calquera artista ou vídeo musical no escritorio do móbil para axilizar o seu acceso.

Os nosos vídeos e artistas favoritos poderán ter un oco no menú do noso móbil grazas á aplicación de VEVO

PUBLICIDADE