A aplicación de TripAdvisor virá preinstalada en Windows 10

xoves, 28 de xaneiro do 2016 Marcus Fernández

Se hai unha plataforma en liña que teña un impacto no sector español da hostalaría esta é, sen dúbida, TripAdvisor, que gañou un importante peso á hora de elixir hoteis, restaurantes e incluso voos, xa que ofrece unha boa ferramenta para a consulta de información sobre os distintos negocios aderezada coa compoñente social que achegan os comentarios dos clientes, e para mellorar a súa presenza en sistemas informáticos, estrea aplicación para Windows 10, que poderá correr tanto nos novos smartphones con Windows, como en tabletas e ordenadores co sistema operativo de Microsoft.
Aínda que os dispositivos móbiles con Windows 10 aínda sexan poucos, as tabletas con Windows teñen cada vez unha presenza maior, grazas a que por un prezo asumible contan cunha versatilidade moi grande, de aí que esta nova aplicación resulte de grande interese, pero posiblemente o máis interesante desta nova ferramenta é que TripAdvisor asegura que chegou a un acordo con Microsoft para que a nova aplicación veña preinstalada en todos os dispositivos que veñan con soporte de Windows 10 este ano, o que será un magnífico escaparate para esta plataforma, que mete así un pé na casa de case todos os usuarios españois que merquen un equipo informático nos vindeiros meses.

A nova aplicación de TripAdvisor funciona en teléfonos, tabletas e ordenadores con Windows 10

PUBLICIDADE