A aplicación de Netflix para Android xa permite descargar contidos en tarxetas SD
mércores, 25 de xaneiro do 2017
A posibilidade de descargar contidos para a súa reprodución
sen conexión á Internet foi unha das caracterÃsticas mellor recibidas para as
aplicacións móbiles de Netflix dende o seu lanzamento, xa que facilita que os
usuarios poidan descargar a través de Wi-Fi varias pelÃculas e episodios de
series de televisión para, por exemplo, a súa visualización durante viaxes, sen
ter que tirar da súa tarifa de datos móbiles e, especialmente, para poder gozar
do material audiovisual incluso cando non se teña acceso á Internet (como cando
se viaxa en avión).
Pero esta prestación tiña unha grande limitación, o espazo que os contidos
ocupan na memoria interna do teléfono ou a tableta, de xeito que para moitos
usuarios era un auténtico atranco, xa que ao non contar con dispositivos cun
grande almacenamento interno non se podÃa realizar un bo aproveitamento da
reprodución de vÃdeo sen conexión, o que vén de solucionarse en boa medida coa última
versión da aplicación de Netflix para Android, que aparte das habituais
correccións de erros incorpora no seu menú de configuración a posibilidade de
definir a Ubicación de descarga, de
xeito que xa non é obrigatorio empregar o almacenamento interno do noso
dispositivo móbil, senón que tamén poderemos elixir o uso de tarxetas de
memoria SD (para o que o terminal solicitará autorización ao usuario), o que
facilita viaxar cunha boa colección de contidos audiovisuais de Netflix.