A aplicación de Gmail para iOS incorpora actualizacións en segundo plano

xoves, 6 de marzo do 2014 Marcus Fernández

Os usuarios de iPhone e iPad que empregan o correo electrónico de Google, e non queren facer uso da aplicación de correo electrónico predeterminada en iOS teñen dende hai tempo unha aplicación oficial de Gmail, que se ben facilita o etiquetado e as buscas dentro do correo recibido dun xeito correcto, presentaba certas limitacións que veñen de corrixirse coa actualización á versión 3.0, pois entre as grandes novidades que incorpora está a de poder actualizarse en segundo plano (de xeito que obtén as mensaxes de correo aínda que a aplicación non estea aberta).
A aplicación tamén incorpora inicio de sesión simplificado, facendo máis doado iniciar sesión en aplicacións de Google Apps (Gmail, Maps, Drive e Chrome), pois ao identificarse nunha destas aplicacións xa non haberá que facelo no resto, manténdose a sesión.

A aplicación integra inicio de sesión simplificado

PUBLICIDADE