A aplicación das conferencias TED para iOS faise máis móbil

martes, 29 de novembro do 2011 Marcus Fernández

A aplicación de TED para iOS agora funciona tamén no iPhone e no iPad

A poucos días do éxito da celebración do TEDxGalicia en Compostela, as conferencias TED volven á actualidade ao actualizar a súa aplicación para iOS, deseñada inicialmente para levar os interesantes relatorios de 18 minutos de TED á pantalla do iPad, e que agora adáptase ao iPhone e ao iPod Touch, de xeito que incrementa a súa mobilidade, para que os usuarios teñan un acceso aínda máis doado ás máis de 900 charlas sobre temas moi diversos (xeopolítica, creatividade, tecnoloxía...) que non só poden reproducirse agora no móbil, senón que tamén pode compartirse a través de Facebook, Twitter e correo electrónico e incluso integra soporte de AirPlay, para poder levar as charlas TED a calquera televisor con Apple TV.
Os contidos de TED están accesibles tanto a través de conectividade Wi-Fi como 3G no caso do streaming (é posible sintonizar TED Radio para escoitar conferencias TED de xeito continuo), mentres que as descargas (para acceder aos relatorios sen conexión á Rede) quedan restrinxidas ás conexións a través de Wi-Fi.
A aplicación de TED para iPad descargouse 1,9 millóns de veces, pero a súa adaptación ao iPhone e ao iPod Touch pode incrementar aínda máis a súa popularidade, aínda que moitos continuarán a preferir acceder ao relatorios no seu PC a través de YouTube, xa que nesa plataforma os vídeos poden verse con subtítulos.

Inicialmente a aplicación só estaba dispoñible para iPad

PUBLICIDADE