A aplicación Eventos Smart Coruña estrea versión para iOS
martes, 14 de abril do 2015
- Alejandra González participou esta tarde no programa A Tarde da Radio Galega
Ao
remate do mes de febreiro presentouse
publicamente o proxecto Coruña Smart City, aproveitándose a ocasión para
lanzar a aplicación
Eventos Smart Coruña para
dispositivos Android, que colleitou un grande éxito nos últimos meses, tal
e como declarou a responsable de presentar esta ferramenta, Alejandra González,
da empresa galega Balidea, quen esta mesma tarde ante os micrófonos da Radio
Galega anunciou en primicia que nos últimos dÃas publicaron
na App Store a versión para iOS da aplicación, que xa leva acumulado un bo
número de descargas pese a non terse anunciado a súa estrea.
A aplicación Eventos Smart Coruña
achega acceso áxil á información sobre a celebración de eventos culturais e
deportivos da cidade herculina tanto de ámbito público como privado, de xeito
que fai doado informarse sobre a oferta de concertos, festas, obras de teatro,
espectáculos, exposicións, cursos, obradoiros...
A versión actual da aplicación facilita o acceso aos vindeiros eventos
directamente na súa pantalla de inicio, permite localizar eventos preto da
posición do usuario, fai posible realizar pescudas por palabra chave, temática
ou rango de datas, conta cunha sección de recomendacións de eventos para a data
actual, presenta os resultados das buscas no mapa da cidade, inclúe información
detallada dos eventos (data, hora, teléfono e lugar de celebración) e permite
consultar a ruta para chegar ao lugar de celebración dos eventos.
- Imaxes da versión para iOS da aplicación de Eventos Smart Coruña