A Zona Franca e o Concello de Vigo conectarán con fibra óptica edificios do Consorcio

luns, 21 de decembro do 2020 Redacción

A Zona Franca de Vigo poderá conectar os seus edificios e recintos con rede de fibra óptica aproveitando as canalizacións da rede semafórica municipal ao longo de 14 quilómetros. O delegado do Estado, David Regades, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinaron un convenio de colaboración que permitirá despregar a rede para que, nas súas palabras, “as comunicacións sexan o máis rápidas e seguras posíbeis”.
Ademais, o Consorcio instalará tres postes con paneis informativos en Cánovas del Castillo, República Arxentina e Areal integrados co sistema de información municipal do Concello de Vigo, que ofrecerán información sobre os aparcadoiros do Centro Comercial A Laxe, A Estrela e A Laxe e as súas prazas libres.
A duración do convenio será de catro anos, prorrogables por outro catro, e Zona Franca realizará un investimento de 128.000 euros.


PUBLICIDADE