A Xunta destaca que Maker Faire Galicia demostra que é o talento o que fai posible a innovación

xoves, 2 de xuño do 2022 Redacción

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe na entrega de premios de Maker Faire Galicia, que se celebra na Cidade da Cultura e que inclúe máis de 60 proxectos, arredor de 200 creadores e máis de 80 charlas e talleres, tanto en liña como en formato presencial.
Na súa intervención, Conde destacou que esta iniciativa demostra que é o talento o que fai posible a innovación, e iso implica unha aposta polo capital humano e polo coñecemento. A este respecto, Galicia prevé, no marco da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3), mobilizar 220 millóns de euros nos vindeiros dous anos para programas de impulso ao talento.
O primeiro premio da xornada dedicada á industria na Maker Faire Galicia correspondeu ao proxecto Agrodomo Intelixente, que se basea na construción dun domo que permite cultivar hortalizas de forma autónoma e independente.
O proxecto foi liderado polos aprendices e instrutores dos semilleiros de investigación do SENA, Centro de Deseño Tecnolóxico Industrial de Valle del Cauca (Colombia).

PUBLICIDADE