A Xunta de Goberno do CCII conserva a grande presenza galega

luns, 31 de agosto do 2015 Redacción

O Consello Xeral de Colexios Profesionais de Enxeñaría en Informática (CCII nas súas siglas en castelán) celebrou o pasado sábado, 29 de agosto, en Madrid unha asemblea extraordinaria na que, entre outros puntos, tratou a elección da nova Xunta de Goberno. A publicación o 11 de xullo no BOE dos estatutos definitivos do CCII fixo necesario a convocatoria das eleccións, malia que os últimos comicios tiveron lugar aínda en 2014.
O 29 de agosto presentouse unha candidatura conxunta para a elección dos membros da Xunta de Goberno, de xeito que este órgano seguirá liderado por Juan Pablo Peñarrubia como presidente.
Peñarrubia, quen repite no cargo, contará coa axuda de tres representantes galegos do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG): como vicepresidente primeiro recunca o presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo; como vocal suplente primeiro actuará Juan Otero Pombo, actual vicepresidente do colexio galego; e como vocal suplente cuarto, Juan José González, secretario do CPEIG.
O presidente do colexio galego e vicepresidente primeiro do CCII, Fernando Suárez Lorenzo, considera de especial relevancia a forte presenza galega na Xunta de Goberno do consello. Na súa opinión, “trátase da visibilización de que as enxeñeiras e enxeñeiros en Informática galegos contamos, e moito, no conxunto de España, e que o traballo do noso colexio –en relación á reivindicación de melloras para a nosa profesión e de achegamento á sociedade- é recoñecido polos nosos colegas do resto do país”.

Nova Xunta de Goberno do CCII

Despois da proclamación da candidatura, así queda a composición da nova Xunta de Goberno do CCII:
Presidente, Juan Pablo Peñarrubia Carrión
Vicepresidente 1º, Fernando Suárez Lorenzo
Vicepresidente 2º, Joaquín Garrido Zamora
Secretario, Pedro Espina Martínez
Vicesecretario, Jacinto Canales de Caso
Tesoureiro, Ignacio Lasheras Herrero
Vocal 1º, Juan Salvador Castejón Garrido
Vocal 2º, Julián del Valle Fernández
Vocal 3º, Markus Hernández
Vocal 4º, José García Fanjul
Vocal 5º, Jose Manuel Pacho Sánchez
Vocal 6º, Rafael Ángel Alonso Álvarez
Vocal Suplente 1º, Juan Otero Pombo
Vocal Suplente 2º, Juan Arrue Ullés
Vocal Suplente 3º, José Brieba Sánchez
Vocal Suplente 4º, Juan José González

PUBLICIDADE