A Xunta busca a colaboración das entidades locais para unha estratexia dixital única cara a vindeira década

mércores, 18 de decembro do 2019 Redacción

A Xunta incorpora aos representantes das entidades locais ao proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030 (EDG2030) co obxectivo de avanzar na colaboración entre diferentes niveis administrativos para configurar un única folla de ruta dixital cara a vindeira década.
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo con representantes da Federación Galega de Municipios (FEGAMP), das deputacións provinciais e das principais cidades galegas para articular súa participación na elaboración da futura estratexia dixital.
A coordinación das políticas públicas das diferentes administracións é un elemento esencial para á construción da Galicia Dixital. O obxectivo desta colaboración é o establecemento dun marco común de desenvolvemento dixital como rexión, que será un elemento diferencial de competitividade no novo marco europeo.
Desde a Xunta búscase traballar cos representantes das entidades locais para sumar esforzos en eixos prioritarios como infraestruturas e plataformas intelixentes no territorio, as competencias e o talento dixital na Comunidade, a garantía de confianza e seguridade nun contexto dixital para cidadáns, empresas e administracións públicas.

Proceso de elaboración

Esta xuntanza supón un novo fito no proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030, que arrancaba o pasado mes de xullo coa celebración dos foros de debate profesional, nos que participaron arredor de 200 axentes sociais e económicos da Comunidade, implicados en procesos de transformación dixital en distintos ámbitos de actuación. Representantes das principais empresas da Comunidade, do Hipersector TIC, das institucións públicas e da sociedade civil abordaron nestes encontros posibles liñas de actuación da futura Estratexia en torno a catro áreas temáticas: Territorio Verde e Conectado, Vida Dixital Economía Aberta, e Especialización Tecnolóxica.
A principios deste mes constituíuse un comité de expertos, integrado por 22 académicos do ámbito tecnolóxico, industrial, económico, xurídico, sociolóxico, educativo e sanitario das tres universidades galegas, que sumará as súas achegas á futura estratexia dixital galega

PUBLICIDADE