A Xunta aposta por un modelo de orientación laboral apoiado nas TIC

venres, 1 de setembro do 2017 Redacción

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, durante a inauguración do Curso de Posgrao de Especialización en Orientación Laboral, que se realizou no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia destacou a aposta da Xunta por contar cun modelo de orientación laboral aberto e apoiado nas TIC.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria apoia esta iniciativa formativa dentro do escenario da Axenda 20 para o Emprego en Galicia co obxectivo de impulsar unha mellora da orientación e os servizos para as persoas demandantes de emprego e as empresas. Trátase de ir cara a un modelo de orientación laboral aberta, moi centrada no uso das TIC como ferramenta esencial tanto para o traballo en rede do persoal como para a interacción coas persoas orientadas na súa procura de novas oportunidade de emprego.
Tal e como explicou Marnotes, a Xunta potenciará tamén a atención personalizada a empresas e a formación continua do persoal técnico.
Durante este curso, impulsado polo Consorcio para o desenvolvemento de aplicación de xestión universitaria, as 60 persoas matriculadas accederán a 650 horas de formación tanto presencial como teleformación nas que coñecerán os conceptos e metodoloxías de traballo máis importantes e novidosos aplicables á orientación laboral.

PUBLICIDADE