A XXIII Noite Galega das Telecomunicacións celebrase no Hotel Los Escudos de Vigo

venres, 18 de maio do 2018 Fernando Sarasketa

Comezou a conta atrás para o que é, sen dúbida, un dos grandes acontecementos tecnolóxicos e profesionais da nosa terra e do ámbito estatal. Estamos a falar da Noite Galega das Telecomunicacións que organizan o Colexio Oficial e máis a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG) o vindeiro 1 de xuño, sendo o seu fío temático (nesta edición) as posibilidades que se abren para as nosas empresas e entidades co fenómeno da información a gran escala, que se coñece como Big Data e que brinda (tamén) importantes oportunidades laborais para as/os devanditas/os enxeñeiras/os. Segundo nos confirmou a organización, a Noite 2018 celebrase no Hotel Pazo Los Escudos de Vigo baixo o lema Os telec@s cara á enxeñería do coñecemento.
O COETG-AETG tamén engade que as inscricións para estarmos presentes no acontecemento, deberán cursarse a través dun .doc habilitado en www.aetg.gal. O prazo remata o 24 de maio.
O evento, un ano máis, servirá para acubillar a entrega dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, nos que se inclúen (xa convocados) o Premio Gradiant á Mellor Tese Doutoral aplicada ao Sector TIC 2018 e máis o Premio Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais.
Dende o COETG e a AETG están a facer un chamamento para “facer partícipes neste foro a todas as empresas interesadas no patrocinio do evento, no cal estarán presentes as máis destacadas”.

PUBLICIDADE