A Wikipedia mata a Juan Pardo

martes, 13 de marzo do 2012 Marcus Fernández

Rumores, accidentes, confusións, dixomedíxomes e fraudes levan en moitas ocasións a dar por certo o falecemento dunha persoa, e nesta ocasión afectou ao cantante galego Juan Pardo, que figura actualmente na Wikipedia en español como falecido o pasado 12 de marzo, nunha entrada na que tamén colocan a súa orixe en Vietnam, erros que non figuran na Galipedia.
Este tipo de incidentes poden ser dende un erro ata unha broma de mal gusto, non sendo a primeira vez que a Wikipedia mata a algún famoso, como aconteceu no seu día con Michael Jackson (anos antes do seu pasamento real), Zsa Zsa Gabor, Russell Crowe, José María Aznar e moitos outros.
De todos os xeitos, este tipo de informacións non deberían minar a confianza na Wikipedia, pois ao estarmos ante unha plataforma colaborativa o normal é que rexenere por si mesma, deixando claro unha vez máis que debemos contrastar as informacións por non existir ningunha fonte infalible.

PUBLICIDADE