A Wikipedia adáptase aos móbiles
martes, 7 de xullo do 2009
Despois
de 6 meses de desenvolvemento en probas lánzase
oficialmente Wikipedia Mobile, unha versión da Wikipedia optimizada
para terminais móbil que nun principio conta con soporte en inglés e alemán,
aÃnda que a versión en español tamén
está plenamente operativa.
AÃnda que moitos dispositivos móbiles non teñan ningún problema en acceder á
versión ordinaria da Wikipedia, a creación dunha versión móbil resulta especialmente práctica
porque as páxinas e gráficos cargados pesan
menos, facilitando a súa carga dende conexións móbiles.
A versión móbil da Wikipedia xa está a superar os
2 millóns de páxinas vistas ao dÃa, o que dá a entender que é todo
un acerto este novo xeito de achegarse á enciclopedia colaborativa máis
popular.