A Universidade de Vigo cede as instalacións de CITEXVI ás empresas de alicerce tecnolóxico
xoves, 31 de xaneiro do 2013
Levar
a cabo unha idea sempre é tarefa difÃcil e a dÃa de hoxe, cos
atrancos que supón
a omnipresente crise, máis aÃnda... Co obxectivo de brindar o apoio
pertinente a empresas de base tecnolóxica que abrollen ao abeiro da
Universidade
de Vigo,
a dita institución
educativa
emprestará as instalacións de CITEXVI (Cidade
Tecnolóxica de Vigo)
para que estes negocios comecen a súa andaina. Cómpre dicir que
estas axudas están artelladas nunha convocatoria
que permanecerá aberta durante este ano 2013 e
que permitirá ás EBTs (Empresas
de Base Tecnolóxica)
beneficiarse dunha redución do 50% nos gastos destes espazos ao
longo de 24 meses, amais da subvención de certos custos relacionados
coa posta a punto dos mesmos.
Engadir
que esta convocatoria vai encamiñada a todas as empresas de base
tecnolóxica vinculadas coa Universidade de Vigo e que teñan como
alicerce proxectos de I+D+i relacionados coa mesma, ademais de teren
formalizado o correspondente acordo de transferencia tecnolóxica coa
Universidade.
Informar
que os espazos dispoñibles en CITEXVI
contan cunha superficie total de 153,26 m2 (sendo
o espazo mÃnimo a ocupar de 36 m2)
están sen mobiliario pero dotados de sistema de climatización por
chan radiante e fancoils,
cableado estruturado e caixas de chan para tomas, instalacións de
comunicacións de voz e datos, con bandexa de elementos de conexión,
pasafÃos, acceso a Internet de banda ancha, uso de direccións IP,
conectividade WiFi e sistema de alimentación ininterrompido. Con
todo, a dispoñibilidade destes espazos trae parello: un servizo de
telefonÃa IP, acceso a internet de até 6 Mbps, chamadas gratuÃtas
a fixos de outras entidades dentro de CITEXVI
ou chamadas de videoconferencia a través de direccións IP de balde.
Engadir que as empresas seleccionadas están obrigadas a asinar un
contrato con CITEXVI
para o uso temporal das instalacións, para o que se destinará de
xeito obrigatorio a achega económica concedida pola Universidade de
Vigo, que será sempre dun máximo do 50% do importe total,
correspondéndolle a porcentaxe restante á entidade beneficiaria.
Por
último, subliñar que este non é o único paso que a Universidade
de Vigo levou a cabo a prol dos emprendedores, pois detrás deste
tipo de achegas xa se atopan 15 EBTs, creadas dende 2004 dentro do
programa Empresa-Concepto.