A USC amplÃa o prazo para presentar candidaturas aos seus premios á innovación empresarial
luns, 29 de abril do 2013
A
Universidade de Santiago vén
de ampliar o prazo para presentarmos achegas á súa edición número
13 do Concurso de Proxectos Empresariais Innovadoras, un certame
que, como lembraremos, convócase co obxectivo de impulsar a creación
de iniciativas de natureza novidosa promovidas por estudantes,
licenciadas/os ou investigadoras/es, asà como a innovación
empresarial e a xeración de emprego en termos xerais. Por certo que
o devandito prazo amplÃase até o vindeiro 15 de maio. O
certame inclúe tres premios: a mellor empresa de base tecnolóxica,
que supón 2.000 euros e ata 24.000 euros de financiamento mediante
préstamo participativo ofrecido por Unirisco; a mellor empresa nova
(2.000 euros) e a mellor muller emprendedora (2.000 euros).
Os
aspirantes contarán co asesoramento de Uniemprende. Máis polo miúdo
do equipo de técnicos e técnicas deste programa da Universidade de
Santiago de Compostela, que estarán a disposición das persoas
promotoras para axudalas na elaboración dos proxectos, ademais de
ofrecerlles formación de balde co fin de realizar o plan de empresa.
As persoas interesadas deberán dirixirse ás oficinas de Uniemprende
situadas no Edificio Emprendia do Campus Vida en Santiago. Os
proxectos gañadores terán acceso gratuÃto a tres accións
formativas (tres prazas por cada proxecto gañador) organizadas polo
Programa Uniemprende no prazo dun ano, unha vez que teñan
constituÃda a súa empresa.