A USC acolle esta semana unha análise colectiva dos procesos de acreditación informática
mércores, 15 de xuño do 2011
- Exterior da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago
A Escola Técnica
Superior de Enxeñaría de Santiago dá acubillo a partir deste xoves
ás xornadas
CRAI (Centro de Recursos
para a Aprendizaxe e a Investigación), destinadas a avaliar polo
miúdo os procesos polos que se avalían e certifican os coñecementos
e habilidades vinculadas ao eido informático. O encontro, que se
celebra o xoves e o venres, vén da man (por cuarto ano) da CRUE
(Conferencia de Reitores das Universidades Españolas). A apertura do
evento celebrarase o día 16 a partir das 9.30 horas, nun acto
oficial que contará coa presenza do reitor de Juan Casares, reitor
da Universidade de Santiago.
Ao longo desta primeira
xornada, intervirán diversos representantes do eido investigador e
docente ligado en maior ou menor medida ao eido das novas tecnoloxías
do coñecemento, como por exemplo Faraón Lloréns (vicerreitor da
Universidade de Alacant), Mercé Cabo (vicexerenta da Área de
Recursos de Información da Pompeu i Fabra) ou Laureano González
(coordinador de avaliacións de ensinanzas da ANECA).
A partir das 11:30
horas, informa
a USC na súa páxina web,
Antonio José Redondo de CertiUni,
referirase a esta ferramenta da CRUE para a análise de competencias
transversais no Espazo Europeo de Educación Superior.
A continuación abrirase
unha quenda na que se abordará en detalle a acreditación de
competencias informáticas, da man de dous relatorios que impartiran
Joan Navarro, da Asociación de Técnicos de Informática, Pere Lluís
Barbará, responsable de ECDL en España, e Ricard Faura, xefe do
Servizo de Sociedade do Coñecemento da Generalitat de Cataluña.
Pola tarde, a partir
das 15:30 horas, os profesores Eduardo García Jiménez e Miguel
Ángel Marzal presentarán “as súas
respectivas reflexión arredor da avaliación e a acreditación das
competencias informacionais e informáticas”,
informa a USC. Para quen queira ampliar a súa información sobre
estas xornadas, dicirlle que contan cun espazo propio en
Facebook, onde se actualizan
cada pouco os datos relativos ao seu contido e ao desenvolvemento
deste encontro.