A UME e Red.es colaboran na creación dunha Rede Nacional de Emerxencias
xoves, 23 de abril do 2009
O
xefe da Unidade Militar de Emerxencias (UME), o tenente xeneral José Emilio
Roldán Pascual, mailo director xeral da entidade pública empresarial Red.es,
Sebastián Muriel, veñen
de asinar un Convenio de Aplicación do Acordo Marco existente entre as
institucións que ambos os dous representan, que vai servir como ferramenta para
o establecemento e implantación dunha Rede Nacional de Emerxencias (RENEM).
O
Acordo Marco interministerial (Defensa; Industria Turismo e Comercio; Educación
e Ciencia) que foi asinado en 2007, permitÃalle á UME crear esta rede de emerxencias
para integrar a información procedente das redes e sistemas de emerxencias
públicos e privados.
Agora,
a firma deste Convenio de Aplicación serve para clarificar as bases nas que se
producirá a interconexión entre RedIRIS e as redes de comunicación do
Ministerio de Defensa que emprega a Unidade Militar de Emerxencias, asà como para
fixar os mecanismos de validación das conexión que establece a UME cos centros
nacionais e autonómicos con responsabilidades na xestión de emerxencias dentro
do territorio nacional, cos que este organismo está chegando a acordos.
Asemade, o devandito convenio vaille permitir á
Unidade de Emerxencia cumplimentar con maior eficacia as misións que ten
asiganadas, ao establecer os mecanismos e procedementos de acceso a unha
estrutura avanzada de telecomunicacións con garantÃas e alta capacidade,
seguridade, flexibilidade e control, que facilite a xestión de emerxencias por
parte da UME en todas as súas fases.