A UDC, o Quantum Center de Fujitsu e o CESGA reúnense no CITIC
xoves, 28 de setembro do 2023
O
vicerreitor de PolÃtica CientÃfica, Investigación e Transferencia
da Universidade da Coruña, Salvador Naya Fernández, e o director do
Centro de Investigación en TecnoloxÃas da Información e as
Comunicación (CITIC), Manuel F. González Penedo, recibiron
na sede do CITIC ao director do Centro Tecnolóxico de
Supercomputación de Galicia (CESGA) e á nova directora xeral do
Quantum Center de Fujitsu, Almudena Justo MartÃnez. O obxectivo
da reunión, ademais de coñecer á nova directora do dito centro
disruptivo, foi explorar novas vÃas de colaboración conxunta entre
a UDC e ambos centros en materia de investigación en tecnoloxÃas de
computación cuántica.
A
creación do Quantum Center é froito dun acordo de colaboración
entre a multinacional tecnolóxica Fujitsu e o CESGA co obxectivo de
colaborar coas universidades galegas para impulsar a investigación
en tecnoloxÃas de computación cuántica e promover o
desenvolvemento da industria cuántica a nivel autonómico e
internacional. O seu obxectivo último é crear emprego, atraer
talento e asegurar futuros investimentos na nosa terra. En datas
vindeiras está prevista a organización dunha xornada dirixida a
investigadores desta disciplina, que terá lugar, precisamente, no
CITIC.