A UDC celebra o 8-M cunha xornada sobre as mulleres no ámbito tecnolóxico (este martes 7)

luns, 6 de marzo do 2023 S. P.

A vicerreitora de Igualdade, Cultura e Deporte da Universidade da Coruña, Cristina López Villar, abrirá este martes 7 de marzo (ás 12:00 horas no salón de graos da Facultade de Informática) o acto central co que a UDC celebra o Día Internacional da Muller. A continuación procederase á lectura do manifesto 8M elaborado pola Red de Unidades de Igualdad de Género para la Excelencia Universitaria.
Seguidamente, haberá un coloquio sobre Traballo das mulleres no ámbito tecnolóxico no que se tratarán temas sobre a situación actual das mulleres traballadoras nesta área e os retos futuros. Participarán as seguintes tecnólogas e investigadoras: Virginia Mato Abad, representando á Facultade de Informática, Margarita Novales Ordax (Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos), Beatriz Pérez Sánchez (Facultade de Informática), Rocío Alfonso Pita (Servizo de Informática e Comunicacións da UDC) e Montserrat Fernández Casal (Servizo de Informática e Comunicacións da UDC).
O coloquio retransmitirase en streaming a través de Teams.
Ademais, haberá moitas máis actividades repartidas polos distintos centros da Universidade da Coruña que se poden consultar en liña.

PUBLICIDADE