A UDC acelera o tempo de recuperación ante desastres de semanas a 48 horas con Veeam Data Platform

xoves, 19 de outubro do 2023 S. P.

Veeam Software, referente en protección de datos, vén de facer balance da súa colaboración coa Universidade de Coruña, que consistiu, en liñas xerais, en mellorar os sistemas de seguridade dixital da institución e os seus recursos de resposta ante incidencias.
Segundo explican fontes de Veeam Data, a infraestrutura de TI da UDC cambiou e evolucionou co tempo para incluír novas tecnoloxías como a computación na nube, a Intelixencia Artificial (IA) e as solucións de automatización, derivando nunha fonda transformación do enfoque de backup e da replicación de datos, cun aumento importante da resiliencia operativa e cunha redución significativa da necesidade de intervir manualmente.
Ademais, UDC utiliza Veeam para mellorar a súa estratexia de recuperación ante desastres (DR). Así, o tempo que tarda a institución en recuperarse dun desastre reduciuse de varias semanas a tan só 48 horas, reducindo a utilización da almacenamento de backup nun 60% e os tempos de copia de seguridade nun 67%, explica a empresa tecnolóxica.
"Saber que con Veeam podemos recuperar datos críticos e sistemas de TI en tan só 48 horas en lugar de semanas é unha gran vantaxe nunha universidade na que a aprendizaxe e a innovación están en constante movemento. Para que os nosos usuarios prosperen, necesitan a máxima dispoñibilidade, e con Veeam estamos á altura dese desafío", afirma Daniel López, arquitecto de Sistemas do Departamento de Infraestruturas da Universidade da Coruña.
Prioridades
As prioridades do equipo de TI da universidade baséanse en garantir a dispoñibilidade ininterrompida de datos e sistemas, asegurando a produtividade dos seus usuarios a través dunha solución de protección de datos preparada para o futuro, evolucionábel e adaptábel a unha contorna de TI que cambia rapidamente.
“A Universidade da Coruña”, engaden den a empresa de software, “foi capaz de recuperarse dunha interrupción do servidor cuns poucos clics de rato, o que lle permitiu proporcionar experiencias consistentemente boas aos seus 25.000 usuarios e minimizar o risco de perda de datos en case calquera escenario”.
Segundo explica Daniel López, "Veeam proporciónanos unha solución preparada para o futuro que necesitamos para levar á UDC á seguinte fase da súa transformación dixital. É independente do hardware e intégrase con todo tipo de aplicacións, polo que é a opción adecuada para unha organización innovadora como a nosa".
Empresa e institución coinciden tamén ao afirmar que a contorna de TI da universidade sufriu “un cambio drástico nos últimos 12 anos” e que as solucións tecnolóxicas achegadas por Veeam, que poden adaptarse aos cambios da contorna, “permiten a estudantes e profesores da institución innovar libremente, coa confianza de ter os seus datos sempre protexidos”.

PUBLICIDADE