A Tecnópole abre o prazo de inscricións para a nova edición do seu campamento tecnolóxico T2W
luns, 3 de maio do 2021
O
Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) vai organizar unha nova
edición (a novena) do seu campamento tecnolóxico de verán, o T2W
(Tecnópole Technological Workshops), en colaboración coa
ConsellerÃa de EconomÃa. Será un programa de divulgación
cientÃfica e tecnolóxica a desenvolver durante dez dÃas de xullo
para rapazas e rapaces de entre os 12 e o 18 anos, procedentes de
toda a xeografÃa galega.
Segundo
informou a Tecnópole, xa poden inscribirse na web especÃfica do T2W
(até o 4 de xuño). Entre outras cousas, iniciaranse en programación
e robótica, construirán foguetes de auga, achegaranse ao 3D,
realizarán experimentos e enfrontaranse a unha manchea de desafÃos.
Esta
iniciativa forma parte da aposta de Tecnópole pola divulgación
cientÃfica de calidade entre os máis novos. DirÃxese a un total de
25 rapaces de entre 12 e 18 anos. Dará comezo o 5 de xullo e
prolongarase ata o 16 de xullo; de luns a venres, en horario de 10:00
a 18:00 horas.
O
custo do campamento é de 290 euros. Ademais de todas as actividades
e os materiais tecnolóxicos e cientÃficos, inclúese tamén o
transporte dende varios puntos da cidade de Ourense, a comida e o
acceso diario á piscina do Parque Tecnolóxico de Galicia.
Como
xa é habitual neste campamento, as diferentes propostas estarán
dirixidas por recoñecidos expertos en didáctica da ciencia e da
tecnoloxÃa e en cada unha das materias que se van desenvolver nesta
edición.