A SGAE quere limitar as conexións á Rede dos usuarios que descarguen contidos ilegalmente

luns, 18 de agosto do 2008 Marcus Fernández

A Coalición de Creadores e Industria de Contidos a través da SGAE está a conversar cos provedores de acceso á Rede para implantar un modelo similar ao francés e británico no que se penaliza o acceso a páxinas web dende a que se realicen descargas de contidos, no que dan en chamar sistema dos tres avisos, de xeito que tras advertir aos usuarios en varias ocasións se podería proceder ao corte ou redución de velocidade da súa conexión (práctica que por outra banda non están ben vista polo Parlamento Europeo).
Pedro Farré, director de Relacións Institucionais da SGAE, asegura que están a traballar para que a medida non sexa un acordo entre empresas e se converta en lei, pois pretenden «erradicar a piratería en Internet» aínda que non detallou o estado no que están as negociacións coas operadoras, que nun principio poderían non estar tan conformes con estas medidas coma sosteñen dende a SGAE, posto que de non utilizarse redes P2P tamén se reduciría a demanda de conexións de banda larga.

PUBLICIDADE