A Rede de Dinamización fai públicos os seus premios anuais

venres, 19 de setembro do 2008 Marcus Fernández

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información publicou a listaxe de iniciativas gañadoras dos seus premios anuais, que recoñecen os traballos de promoción do uso do galego e das TIC realizados por diferentes colectivos.
As iniciativas galardoadas son as seguintes:
- Asociacións: Recordos de Caldelas. Déborah Táboas García, dinamizadora da Rede de Dinamización que está a desenvolver o seu labor no Centro Comarcal Terra de Caldelas.
- Empresa: Web+Activa. Noelia Rafael Cabaleiro, dinamizadora da Rede de Dinamización que está a desenvolver o seu labor na Asociación de Empresarios de Mos.
- Muller: Un paseo por As Pontes. Raquel Hermida Sueiras, dinamizadora da Rede de Dinamización que está a desenvolver o seu labor no Concello das Pontes.
- Persoas con discapacidade: CONCIENCIA-T: Coñecendo e rachando as barreiras. Maria Francisca García Correa, dinamizadora da Rede de Dinamización que está a desenvolver o seu na Asociación de Persoas Xordas de Lugo, e Emilio González Carballo, dinamizador da Rede de Dinamización que está a desenvolver o seu labor na Asociación de Empresarios Sete Pontes de Vilalba.
- Maiores: Outros fíos na rede. Oscar Fernández Clapés, dinamizador da Rede de Dinamización que está a desenvolver o seu labor no Concello de Camariñas.
- Software Libre. II XORNADAS DE SOFTWARE LIBRE: Software Libre e Asociacións. Ana María Rosales García, dinamizadora da Rede de Dinamización que está a desenvolver o seu labor no Concello do Grove; Ana Lorenzo Rivas, dinamizadora da Rede de Dinamización que está a desenvolver o seu labor no Concello de Sanxenxo; Alberto Fandiño Mariño, dinamizador da Rede de Dinamización que está a desenvolver o seu labor no Centro Comarcal O Salnés, e Eliana Bouzas Collado, dinamizadora da Rede de Dinamización que está a desenvolver o seu labor no Centro Comarcal O Salnés.
- Poboación Xeral: Presenta o 17 de Maio. Carolina Patiño Freire, dinamizadora da Rede de Dinamización que está a desenvolver o seu labor no Concello de Curtis. Tradición dos Ferreiros de Riotorto. Vanesa Pérez Álvarez, Alejandro Rancaño Herrán, Mª del Camino Rando García, dinamizadores/ras da Rede de Dinamización que están a desenvolvero seu labor nos Concellos de Riotorto e Ribeira de Piquín.

PUBLICIDADE