A Rede Cemit rexistra en xuño 27.000 usuarios
luns, 12 de agosto do 2013
A Rede de Centros para a Modernización e Inclusión
Tecnolóxica (CeMIT) impartiu
no primeiro semestre do ano máis de 15.000 horas de formación dixital gratuÃta
nas 98 aulas que a integran. O número de usuarios rexistrados ata xuño superaba
os 27.000, cun nivel de satisfacción dun 8,8 sobre 10 en canto á formación e
aos servizos dispoñibles na rede. Con esta cifra a Rede Cemit supera, nos
primeiros seis meses do ano, o obxectivo de acadar en 2013 os 25.000 usuarios.
Do total de horas impartidas nos primeiros seis meses do ano
a maiorÃa corresponde ao nivel de Formación Dixital Básica, e dentro desta
tipoloxÃa os cursos máis solicitados son Iniciación
á informática, Busca de información
na Internet e Correo electrónico:
webmail.
O resto das horas repártense entre a formación para
profesionais TIC, realizada en colaboración co Centro de Novas TecnoloxÃas de
Galicia (CNTG), que suman preto de 1.700; a destinada aos empregados públicos a
través da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), con case de 1.500
horas no primeiro semestre do ano; e as preto de 1.000 horas de formación para
empresarios e emprendedores e persoas en situación de desemprego.
O contido do Plan de Formación e a carta de servizos están dispoñibles na web desde a que
os usuarios poden xestionar a súa vida académica na Rede (matriculación en
cursos, demanda dos mesmos, recomendacións...)
Plan de Formación 2013
O Plan de Formación deste ano establece 13 itinerarios formativos con 60 cursos
para as distintas áreas en función dos colectivos e as súas necesidades.
Os itinerarios formativos abranguen a alfabetización dixital
básica, a formación destinada a empresarios e emprendedores, equipamento TIC,
redes sociais, imaxe e audio, formación a desempregados, ofimática en software
libre, operacións a través de Internet, creación multimedia e web 2.0,
administración electrónica, capacitación especialización e software libre, ocio
en Internet e multimedia e ferramentas TIC.
A Rede ofrece tamén a teleformación a través do Espazo
Multimedia de aprendizaxe, que permite achegar a alfabetización dixital e a
formación multimedia e audiovisual a un maior número de usuarios.