A Radio Galega estrea novos podcasts

martes, 16 de novembro do 2021 Marcus Fernández

A semana pasada a Radio Galega estrear o seu primeiro podcast nativo, e agora chegou a hora de que a familia de producións sonoras nacidas para o seu consumo a través da Rede medrase, para o que chegan podcasts como A fin do mundo, Como que non?, Moito ollo e Estudio 3. Desclasificados.
Co podcast A fin do mundo, Xiana Fole, Celia Riande e Anxo Fariñas queren achegase á xeración zeta con contidos ao redor de series, películas, libros e calquera tema interesante que se lles poña por diante. O programa Como que non? na súa quinta tempada volve co seu estilo habitual, con convidados, concursos e moito humor, pero orientándose máis á Rede, o que non debería sorprender se lembramos que a tempada pasada o programa era o máis escoitado na páxina web da Radio Galega.
O xoves chegará a Radio Galega Podcast o espazo Moito ollo!, no que Ana Gayoso achegará contidos sobre igualdade; e para a semana que vén Ricardo Alonso estreará Estudio 3. Desclasificados, programa de concertos que nas súas primeiras entregas achegaranos recitais de Tequila, Depedro, Franz Ferdinand, Novedades Carminha, Los Ilegales e Lenny Kravitz.

PUBLICIDADE