A Radio Galega achégase ao proxecto NACCE da man dunha das súas mentoras
venres, 25 de xaneiro do 2013
- MarÃa Antonia Otero Quintas (á esquerda) comenta na Radio Galega a súa experiencia como mentora do proxecto NACCE
O programa
Banda Ancha da Radio Galega, galardoado
recentemente cun Premio INNOVA-G, continúa co seu labor de difusión da
tecnoloxÃa en Galicia, polo que este sábado a partires das 15:00 horas
realizará un repaso da actualidade da semana grazas á colaboración de Código
Cero, aproveitando a ocasión para profundar no proxecto NACCE conversando cunha
das súas mentoras, MarÃa
Antonia Otero Quintas, fundadora da empresa de comercialización de prendas
de tempada de coleccións prèt-à -porter,
complementos e accesorios TenEstilo.
O espazo radiofónico desta semana convidou ao actor, monologuista e colaborador
da CRTVG, Pepe Capelán, a
compartir os seus primeiros contactos co mundo da tecnoloxÃa e o uso actual que
fai da mesma. E como colofón do programa de tecnoloxÃa da Radio Galega Pablo
Insua de Hardgame2.com
comentará as novidades que durante os vindeiros meses chegarán á Wii U.
- Pepe Capelán anima habitualmente o programa Bamboleo da TVG