A RAGC e GAIN entregan este mércores os seus premios á transferencia e á comunicación

martes, 20 de xuño do 2023 S. P.

Na tarde de mañá, mércores 21 de xuño, ás 19 horas terá lugar no compostelán Pazo de San Roque a entrega de tres galardóns: os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia, o Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas e o Premio RAGC de Divulgación Científica 2023. O dito evento está organizado pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), a Xunta de Galicia e a Axencia Galega de Innovación (GAIN).
No encontro participarán o presidente da RAGC, Juan Lema; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey; o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde; a vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación da Universidade de Vigo, Belén Rubio; e a vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais da UVigo, Mónica Valderrama; entre outras autoridades e académicos da RAGC.

PUBLICIDADE