A Policía autonómica contará con ordenadores ultraportátiles

mércores, 13 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

Axente facendo uso do seu UMPC20 Minutos publica que os axentes da Policía Nacional adscritos a Galicia poderán dicir en breve adeus a bolígrafos e cadernos grazas ó uso de ordenadores ultraportátiles que permitirán dende gravar conversas telefónicas ata localizar o punto exacto onde se atopa o escenario dunha investigación (GPS) ou levantar a acta de denuncia escribindo directamente sobre unha pantalla táctil.
Os novos equipos tamén se conectarán á Rede mediante tecnoloxías sen fíos (3G), de xeito que os axentes tamén poderán acceder dende o coche patrulla a diferentes bases de datos (coma o catastro ou os rexistros policiais).
Os UMPC da Policía Nacional son Samsung Q1 Ultra cunha de tamaño reducido (22,8 x 12,4 x 2,4 centímetros) e lixeiro peso (690 gramos), e integran Wi-Fi, UMTS/HSDPA, Bluetooth, cámara, pantalla táctil de 7 polgadas e unha resolución de 1.024 x 600 píxeles. Funcionan co sistema operativo Windows XP Tablet PC Edition.

PUBLICIDADE