A Policía Nacional estrea presenza en Snapchat

mércores, 22 de xuño do 2016 Redacción

A Policía Nacional arrinca hoxe un novo perfil en redes sociais, nesta ocasión na plataforma de mensaxes efémeras Snapchat, procurando así continuar a achegar ao cidadán o traballo da Policía e transmitir consellos de prevención e seguridade ao público máis novo que cada día comparte mensaxes e vídeos máis desenfadados a través desta rede. Tras diversas incursións en redes sociais, a Policía Nacional comeza a utilizar os snaps para comunicarse cos millennials e mostrar así o lado máis próximo e desenfadado da Policía.
A rede da pantasma conta con máis de 100 millóns de usuarios diarios, na súa maioría adolescentes e novos, un público que, a partir de agora, poderá acceder dende os seus smartphones a consellos e pautas de prevención e seguridade da Policía. Estes snaps policiais poderán ser vistos na Historia de PoliciaES durante 24 horas e despois desaparecerán.
A andaina da Policía Nacional en Snapchat arrinca dende a Escola de Policía, contando en imaxes a xura dunha nova promoción de subinspectores.

PUBLICIDADE